Decidimos volver ao rural galego para demostrar que se pode vivir do audiovisual dende calquera lugar, mesmo nunha vila pequena como Laxe.
Vivimos en cidades pensando que teriamos un futuro mellor, pero comprobamos que non era sostible nin garantía de calidade de vida.
A nosa elección naceu da falta de oportunidades laborais ás que as mulleres se afrontan, tanto no sector audiovisual como no rural.
Por iso, decidimos emprender unha cooperativa audiovisual, creando proxectos que visibilizan identidades, xeran impacto social e conectan coa comunidade, demostrando que a creatividade e o talento poden florecer fóra das grandes cidades.
En A Furna somos especialistas en contar eventos dende dentro. Poñendo no centro as persoas, a experiencia e o territorio.
A idea é que o que pasa durante o evento non se perda: que quede ben contado e que vos sirva como material de difusión e arquivo.
Axudamos ás empresas e institucións a diferenciarse a través do vídeo, creando relatos que visibilicen a vosa identidade dende unha perspectiva social e coherente cos valores do territorio.
Desenvolvemos pezas audiovisuais con identidade adaptadas ao formato e dinámica das redes sociais, pensadas para aumentar alcance, interacción e recoñecemento de marca. Contido breve, claro e optimizado para cada plataforma.
Damos valor ao teu contido a través dunha edición profesional. Un proceso de postprodución integral deseñado para que cada fotograma comunique exactamente o que o teu proxecto require.
Corrección e tratamento de cor para garantir coherencia visual, identidade estética e calidade cinematográfica nas pezas finais.
Deseño e animación de elementos gráficos (títulos, rótulos, gráficos animados ou identidade visual) que reforzan a mensaxe e melloran a claridade comunicativa do vídeo.
Ofrecemos obradoiros audiovisuais dirixidos a rapazas e rapaces, pensados para achegar o cine dunha maneira práctica, creativa e participativa. A través da experimentación directa, traballamos por exemplo dende o cine documental ata a escritura de guión transmitindo e fomentando a mirada crítica e a expresión propia, sempre adaptándonos ás idades, intereses e contextos de cada grupo.
